

Luis Enrique


R.C. CELTA - REAL MADRID C.F. (2 - 0)

Xogador máis valioso para a AFECCIÓNCELESTE:
SERGIO ÁLVAREZ
NOTA: 10


Xornada 37
PUNTUACIÓNS
© 2013 AFECCION CELESTE. Sempre co R.C. Celta de Vigo.
Sergio Álvarez


A SALIENTAR
Chegou o Real Madrid a Balaídos en cadro, dando por perdida a Liga antes de saltar ao terreo de xogo. Diante atopouse a un ambicioso Celta que ademáis de aproveitar os garrafais erros da zaga merengue, errou unha chea de ocasións que ben puideron significar unha vitoria moito máis avultada.
O Celta empezou a carburar da man de Rafinha, que sacaba maxia das súas botas cada vez que tocaba o balón. Pouco a pouco foron cobrando protagonismo outros xogadores como Nolito ou Orellana, ambos moi activos.
Pero o verdadeiro protagonista da tarde, co permiso do bigoleador Charles, foi o gardamallas celeste. E é que Sergio Álvarez estivo inmenso, sobre todo nos primeiros minutos da segunda metade, onde o Real Madrid semellaba dar un paso adiante e non conformarse coa derrota, acumulando ocasións de gol que foron anuladas polo porteiro do Celta.
O resto do partido foi bastante tranquilo e o Celta soubo dosificar o esforzo e o resultado. Pena a lesión de xeonllo de Augusto, malia que despois das probas que lle foron realizadas este mesmo luns, semella que non é unha lesión grave como cabía esperar. E iso son boas novas.
Gran final de temporada do R.C. Celta que, ademáis de acabar entre os dez mellores da mellor Liga do mundo, pode acadar o oitavo posto se consegue gañar no difícil campo do Valencia na vindeira xornada. Forza Celta!!!!

Gustavo Cabral


Jonny Castro


Andreu Fontàs


Jon Aurtenetxe


Rafinha Alcántara


Krohn Dehli


Fabián Orellana


Augusto Fernández


Nolito Agudo


Charles Dias


Álex López


Levy Madinda


Mario Bermejo






