top of page
Luis Enrique
VALENCIA C.F. - R.C. CELTA (2 - 1)
Xogador máis valioso para a AFECCIÓNCELESTE:

ÍÑIGO LÓPEZ

NOTA: 7

Último partido

PUNTUACIÓNS

© 2013 AFECCION CELESTE. Sempre co R.C. Celta de Vigo.

Sergio Álvarez
A SALIENTAR

 

Final raro para unha campaña notable. Luis Enrique decidiu acabar a temporada revolucionando un once inicial que volveu a contar con Oubiña no medio do campo. Aliñou ata seis canteiráns, se cadra, para mostrar o camiño a Berizzo, que se sentará no banco celeste a vindeira temporada.

 

Sen Rafinha e Charles o Celta viu como se adiantaba no marcador nada máis comezar o partido cunha xogada de estratexia que convertiu Íñigo López, o máis destacado dos celestes no partido. Mais de nada serviu, xa que as facilidades defensivas e o feito de ter a cabeza posta nas vacacións fixeron que o partido caera na monotonía e que o Valencia remontase. Un partido aburrido e sen historia.

 

O adestrador celeste despediuse cumprindo obxectivos aínda que, visto o preto que quedou a sétima praza, a parte da afecciónceleste quedoulle "o aquel" de ter loitado por entrar en postos europeos. Terá que ser para a vindeira temporada.

 

Ademáis da chegada de Berizzo, tamén se confirmou que Torrecilla continúa co Celta ata 2016. A ver que sorte nos deparan as novas incorporacións. O grupo agora mesmo funciona, pero non serán poucos os que reciban ofertas para abandonar Vigo.

 

Felices vacacións a tod@s e... FORZA CELTA!!!!

Íñigo López
Jonny Castro
Andreu Fontàs
Jon Aurtenetxe
Borja Oubiña
Levy Madinda
Fabián Orellana
Álex López
Nolito Agudo
Santi Mina
Krohn Dehli
Mario Bermejo
David Costas
bottom of page