top of page

© 2013 AFECCION CELESTE. Sempre co R.C. Celta de Vigo.

Xornada 3 - GOLES

por AFECCIÓN CELESTE (02-09-2013)

 

R.C. CELTA - GRANADA C.F. (1-1)

 

A falta de acerto do Celta, de cara ao gol, deixou en táboas un partido que merecidamente tiña que ter caído do lado celeste.

 

Vídeo: Celta TV

Lucho, recapacita...

por AFECCIÓN CELESTE (26-08-2013)

 

Agora que as cousas empezan a funcionar.

 

Agora que semella que vamos prescindir de xogadores como Túñez, JonnyVila ou Orellana.

 

Se cadra, agora é cando debemos facer memoria...

 

Tremendas as imaxes de Celta TV e as do vestiario gravadas polo propio Orellana. Recapacita Lucho!

Xornada 1 - GOLES

por AFECCIÓN CELESTE (20-08-2013)

 

R.C. CELTA - R.C.D. ESPANYOL (2-2)

 

Na presentación do equipo ante a afección celeste, escapou unha cómoda vitoria nos últimos minutos.

 

Un empate que permite empezar mellor que a pasada campaña.

 

Vídeo: Celta TV

O día do milagre...

por AFECCIÓN CELESTE (02-06-2013)

 

Estadio de Balaídos. Xornada 38 (Última xornada).

 

Últimos minutos do encontro.

 

Se o Celta gaña, queda en Primeira un ano máis, xa que o Deportivo da Coruña está a caer pola mínima en Riazor fronte á Real Sociedad.

 

Un milagre ó alcance da man...

Xornada 2 - GOLES

por AFECCIÓN CELESTE (26-08-2013)

 

REAL BETIS - R.C. CELTA (1-2)

 

A primeira vitoria da temporada fóra da casa, ante un rival que está chamado a ser dos grandes este ano.

 

Vídeo: Celta TV

Comentarios: Jacobo Buceta

Xornada 5 - RESUMO

por AFECCIÓN CELESTE (23-09-2013)

 

R.C. CELTA - VILLARREAL C.F. (0-0)

 

O feito de deixar a portería a cero foi a mellor noticia, nunha xornada na que o Celta se volveu a mostrar errático.

 

Vídeo: Celta TV

Xornada 6 - RESUMO

por AFECCIÓN CELESTE (27-09-2013)

 

GETAFE C.F. S.A.D. - R.C. CELTA (2-0)

 

Imaxe lamentable a dada por un Celta ateigado de rotacións (ata 7 no once inicial). Este equipo necesita volver a atopar a súa identidade se non quere sufrir novamente no final de Liga.

 

Vídeo: Celta TV

Xornada 4 - GOLES

por AFECCIÓN CELESTE (17-09-2013)

 

ATHLETIC CLUB - R.C. CELTA (3-2)

 

Os erros defensivos lastraron a un Celta que chegou a adiantarse no marcador e que puido sentenciar o encontro se Charles chega a transformar a pena máxima.

 

Vídeo: Celta TV

Xornada 7 - RESUMO

por AFECCIÓN CELESTE (27-09-2013)

 

R.C. CELTA - ELCHE C.F. (0-1)

 

Un erro arbitral, anulando un gol legal a Santi Mina, impediu ao Celta sumar un punto moi valioso e deixa pendente o traballo de brindarlle unha vitoria á súa afección na casa.

 

Vídeo: Celta TV

Xornada 8 - RESUMO

por AFECCIÓN CELESTE (07-10-2013)

 

AT. MADRID - R.C. CELTA (2-1)

 

A tardía reacción celeste, non foi suficiente para sacar algo positivo no choque contra o Atlético. O certo é que se chegou vivo aos últimos minutos foi grazas a unha gran actuación do gardameta Yoel.

 

Vídeo: Celta TV

Xornada 10 - RESUMO

por AFECCIÓN CELESTE (27-10-2013)

 

MÁLAGA C.F. - R.C. CELTA (0-5)

 

O Celta inicia a súa reacción cunha goleada histórica a domicilio. O Málaga, sobre todo no primeiro tempo, foi un xoguete nas mans dun Celta que tratou de luxo o balón.

 

Vídeo: Celta TV

MARCADOR
Os vídeos da

AFECCIONCELESTE

bottom of page