top of page

© 2013 AFECCION CELESTE. Sempre co R.C. Celta de Vigo.

Previa



EN CELESTE

 

Facíase evidente a necesidade de incorporar novos rostros no mercado de inverno. Chegaron Íñigo López para reforzar a liña defensiva (a máis feble de todas) e Welliton para competir con Charles na busca dun gol que custaba moito ao Celta.

 

Pero curiosamente foi entón, a finais de novembro, cando despertou unha figura que, ao igual que Toni, pasaría de ser un descarte a ser unha peza indiscutible no once inicial para Luis Enrique: Fabián Orellana.

 

A carraxe do chileno deu ao Celta un novo aire e, a incorporación de Jonny en substitución de Toni, acabou por redondear un esquema que ata ese momento non funcionaba de xeito efectivo (digo isto porque realmente o Celta non sempre xogaba mal, pero o que está claro é que os resultados non acompañaban).

 

Resumindo, non foron as novas incorporacións as que despertaron ao monstro celeste. De feito Welliton aínda non se estreou e Íñigo xogou soamente medio tempo. Este criterio tan pouco fiable por parte de Luis Enrique, fai que non poidamos esquecer a Túñez. Un descartado que se cadra estaría a calarlle a boca agora mesmo, xogando como titular.

 

Podemos estarmos orgullosos de como se están a desenvolver as cousas nos últimos tempos. Temos o orgullo de compartir números que so os grandes da Liga manteñen. Pero non perdamos o norte, sigamos partido a partido buscando o obxectivo da permanencia canto antes. Algo que nos permitiría competir por novas cotas.

por Este_Celeste (22-02-2014)

co-fundador de Afección Celeste

O RIVAL DA SEMANA

Este sábado ás 18:00h, o Celta recibe en Balaídos ao Getafe, un equipo en caída libre. Despois dun esperanzador comezo, os últimos tempos están a ser un auténtico calvario. A última vitoria foi na casa, o 1 de Decembro fronte ao Levante. Tan só sacaron dous empates na casa nos últimos nove partidos. Todo o demáis contan co mo derrotas, e o que é peor, moitas delas contra rivais directos pola permanencia.

 

O Celta ven coa inercia oposta e ten en certo modo a obriga de gañar este encontro para distanciarnos definitivamente da zona baixa antes de que cheguen os nosos enfrontamentos contra Atlético, Barcelona, Madrid,...

 

DE ONDE VIMOS E A ONDE VAMOS

A finais de ano as dúbidas volvían a instalarse na parroquia celeste. Os resultados non acompañaban e os puntos obtidos eran moi similares á campaña anterior, con Herrera no banco. Ninguén quería outro final de infarto e había que facer algo.

Sen cambio de protagonistas
bottom of page