top of page

© 2013 AFECCION CELESTE. Sempre co R.C. Celta de Vigo.

Previa



EN CELESTE

Mentres, algúns de nós aínda seguiamos pendentes de que se pitase o final no Deportivo - Real Sociedade, porque un gol do Deportivo, esa era a realidade, deixaba ao Mallorca en primeira e devolvíanos ao inferno novamente.

 

Agora que pasou xa certo tempo, pódese dicir que o fútbol non foi xusto co Celta, que os resultados non acompañaron ao bo xogo no primeiro treito de liga e que os erros arbitrais (foron moitos e moi cantosos) lastraron unha campaña celeste que debeu ser menos agónica.

 

Así a todo compre facer un pouco de autocrítica e, sobre todo, aprender daquilo que nos fixo febles na temporada pasada. Os puntos quentes, ao meu parecer foron:

 

  • O equipo adoeceu de pegada arriba. As incorporacións "estrela" para esas posicións foron un fiasco.

  • Os finais de partido eran catastróficos porque a forma física non era a axeitada para Primeira Divisón.

  • O Celta xogou cunha defensa marcada polas lesións de xogadores titulares.

  • Os plantexamentos ultradefensivos de Paco Herrera e a ausencia de xogadas de estratexia ou a balón parado impediron sacar máis puntos, sobre todo no inicio de liga (a segunda metade nin tan sequera xogou ben o equipo -supoño que pola presión de vivir en postos de descenso-).

 

A pregunta é... Despois de vista a pretemporada e as novas incorporacións do Celta, credes que se deu solución a cada un dos problemas? Foi un acerto traer a Luis Enrique? Será determinante a ausencia de Aspas ou, pola contra, o novo plantel está máis reforzado? Eu teño claro que chegará algún xogador máis, pero o que teño máis claro aínda é que quero o mesmo resultado do ano pasado... coa metade de sufrimento.

 

FORZA CELTA!!!! A POLA PERMANENCIA SEN AGONÍAS! A POLO ESPANYOL E A EMPEZAR CON BO PÉ!!!

por Este_Celeste (16-08-2013)

co-fundador do proxecto "AfecciónCeleste"

O ano que vivimos perigosamente... ou como empezar con bo pé, aprendendo dos erros do pasado.

 

Chegamos á última xornada da temporada pasada co corazón nun puño. E fixemos realidade o milagre da permanencia ante un Espanyol que, como xa agardabamos, non viña de paseo a Balaídos.

 

Grazas ao gol de Insa a pase de Aspas (non podía ser doutro xeito) logramos quedarnos un ano máis entre os mellores e, ao facelo, démoslle as costas a ese "meigallo histórico" que nos persegue, ese "habelas hailas" que asegura que cando algo lle pode saír mal ao Celta... sáelle. Por unha vez non nadamos para afogar na beira do mar.

 

Permitímonos incluso a insensatez de invadir o campo antes de materializar a proeza. Miles de seareiros arrincando anacos de céspede, abrazándose, coa incredulidade nos ollos, cantando "É de primeira, o Celta é de primeira..."

O ANO QUE VIVIMOS PERIGOSAMENTE
bottom of page